Talleres grupais

Van dirixidos a entidades públicas ou privadas (asociacións veciñais, Concellos, etc.) que queiran ofertar aos seus usuarios os seguintes talleres:

Taller de rehabilitación cognitiva Consiste na intervención psicolóxica  mediante exercicios de:

  • Memoria
  • Atención e concentración
  • Razoamento
  • Cálculo
  • Esquema corporal
  • Orientación á realidade
  • Praxe construtiva
  • Autoestima e autoconcepto
  • Reminiscencias.

Tratarase de facelo grupo o máis homoxéneo posible para maximizalos resultados de cada sesión.

Taller de animación sociocultural Consiste na realización de actividades lúdicas con carácter rehabilitador para persoas con deterioro cognitivo, co obxectivo de mellorala súa calidade de vida a través do ocio e a socialización con outras persoas. Todo elo a través de:

  • Manualidades
  • Xogos
  • Exercicios de estimulación cognitiva
  • Actividade física
  • Musicoterapia
  • Reminiscencias
  • Outras

Taller para coidadoras/es Este taller está indicado para todas aquelas persoas que teñan ao seu coidado algunha persoa dependente ou con algún tipo de discapacidade. Nel abordaranse aspectos tales como:

  • Que é a demencia e/ou discapacidade
  • Tipos de demencia e/ou discapacidade
  • Como actuar cando o noso familiar presenta alteracións de conduta
  • Que é a rehabilitación cognitiva
  • Beneficios da rehabilitación
  • Como elaborar unha sesión para o noso familiar

Pode existir a posibilidade de formar grupos de apoio cos familiares que o soliciten.

Envellecemento activo

Está dirixido a persoas entre os 58 aos 68 anos, aproximadamente, que estean a punto de xubilarse ou recentemente xubiladas.

Os obxectivos serán dotar aos participantes de estratexias axeitadas para que afronten o cambio que a xubilación supón no seu ciclo vital de maneira máis positiva e promover o envellecemento activo a través de ferramentas que favorezan o benestar físico e psicolóxico dos beneficiarios do programa.

Abordaranse temas como: manexo de situacións negativas, calidade de vida, ocio positivo, relacións persoais, etc.

Técnicas de estudo

Para todos aqueles nenos e adultos que o requiran.

Trataremos os seguintes temas:

  • Técnicas de estudo
  • Un lugar axeitado para estudar
  • O subliñado
  • Elaboración dun horario de estudo
  • Iniciar o estudo en boas condicións: psíquicas, físicas e pedagóxicas
  • Manter a concentración
  • Asociación de ideas
  • O esquema
  • Ampliar coñecementos
  • Repasar e memorizar
  • Preparación de exames
  • Adquirir e fortalecer o hábito de estudo
  • O resumo
  • Coller ben os apuntes
  • Mapas conceptuais
  • Mellorar a comprensión lectora
  • Escoller profesión
Share Button