Rehabilitación cognitiva

A estimulación cognitiva ou psicoestimulación é o conxunto de estratexias e técnicas de intervención psicolóxica dirixidas a potenciala neuroplasticidade da persoa con deterioro cognitivo mediante o traballo tanto coas funcións e procesos cognitivos preservados como coa  dimensión socio-afectiva.

As persoas con deterioro cognitivo manteñen certa capacidade de neuroplasticidade, un potencial de plasticidade cognitiva, de aprendizaxe ou capacidades de reserva que poden ser estimulados co fin de modificar e optimizala súa adaptación ao medio, especialmente nos estadios leve e moderado. Nestes períodos  existe unha capacidade de aprendizaxe que se manifesta nos cambios de conduta, na adecuación a novos estímulos e ambientes, na mellora de habilidades instrumentais abandonadas polo desuso ou na adquisición de esquemas e estratexias.

Áreas de intervención:

  • Linguaxe
  • Cálculo
  • Razoamento
  • Esquema corporal
  • Atención e concentración
  • Praxe construtiva
  • Orientación á realidade
  • Memoria
  • Autoestima

Obxectivos:

  • Manter as capacidades mentais
  • Rehabilitar os procesos psicolóxicos
  • Evitalo illamento do entorno
  • Potencialas relacións sociais
  • Aumentala independencia e a autonomía persoal
  • Reducilo estres
  • Xerar sentimentos de control sobre o entorno e reducila indefensión
  • Incrementala capacidade funcional e o desempeño nas tarefas cotiás
  • Melloralo sentimento de benestar emocional, psicolóxico e de saúde
  • Mellorala calidade de vida das persoas beneficiarias do servizo e maila dos seus familiares
Share Button